Sanidade informa que na actualidade permanecen ingresadas tres persoas por queimaduras

Sanidade informa que na actualidade permanecen ingresadas tres persoas por queimaduras Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017 A Consellería de Sanidade confirma que tres persoas continúan ingresadas por queimaduras relacionadas cos incendios. Trátase de dous feridos que foron trasladados ao Hospital da Coruña e outro paciente ingresado en Povisa. Ademáis, está ingresada una cuarta persoa no Hospital Álvaro Cunqueiro por unha fractura no nocello. En total, foron oito as persoas que recibiron asistencia por queimaduras motivadas polos incendios das últimas horas. Ademáis, os servizos de urxencias do Servizo Galego de Saúde atenderon cadros leves motivados por inhalación de fume ambiental e procesos de ansiedade, principalmente nas áreas de Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo. En xeral son atencións que non requiren ingreso e que cursan de forma leve. A situación sanitaria está normalizada e non se ten rexistrado gran impacto asistencial en relación cos lumes. A Consellería de Sanidade agradece a profesionalidade e esforzo de todos os traballadores sanitarios, hospitais e centros de saúde, puntos de atención de urxencias e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Kommentare

Beliebte Posts aus diesem Blog

Straßenstrich-Immer mehr Frauen gehen in die Prostitution für Einkommen, insbesondere aus den Universitäten

Europas Öffentlichkeit sieht zu -Straßenstrich C-63 von Lloret de Mar